O PP pide ao goberno que ceda os ordenadores sen uso a familias con poucos recursos

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Javier Vázquez, propón ao goberno local “a cesión de ordenadores sen uso que sexan de propiedade municipal para que aquelas familias con menos recursos teñan a opción
de acceder a todos os contidos que os centros educativos están a distribuír diariamente ao alumnado para poder seguir o curso escolar”.
Javier Vázquez sinala que “para este fin poderían empregarse todos aqueles ordenadores que o Concello de Lugo non use neste momento e tamén aqueles que se retiraron das dependencias municipais na última renovación de equipos informáticos”. “Deste xeito, o Concello de Lugo podería facer moito máis sinxelo o desenvolvemento do curso escolar de xeito telemático a todos aqueles alumnos que por diversas razóns non teñen acceso a este tipo de contidos desde as súas casas”.

O concelleiro popular engade que “o goberno local podería estudar a posibilidade de acordar con algunha operadora de telecomunicacións a posibilidade de ofrecer conectividade gratuíta con estes equipos informáticos, algo para o que hai diversos medios, como poden ser conexións USB, entre otros”. Aínda que o popular engade “que se podería estudar cantos destes nenos dispoñen de equipos, pero non de conexións a internet, para facilitarlles unicamente a conectividade”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Mai 16, 2020 - 06:58 PM

    Cando eu era neno (xa choveu) xa oía daquela, a determinada xente falar de familias con menos recurso, los más necesitados, los más vulnerables, etc. etc. Seguramente eran familia dos que hoxe repiten a mesma leria un montón de anos despois. Sen políticas de dereitas non sería necesaria a beneficencia, e cada quen compraría un ordenador para os seus fillos. Ahí lo dejo, oiga.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com