O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana retomou hoxe as obras de rehabilitación estrutural do firme na estrada N-
642, para mellorar as comunicacións na comarca da Mariña.
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez lembrou que esta actuación súmase ás outras xa realizadas polo Goberno que, para mellorar o estado do firme dunha vía que experimentara un grave deterioro nos anos anteriores co conseguinte perigo para a circulación rodada por esta vía que vertebra a Mariña.
A subdelegada lembrou que as obras afectan a varios treitos da vía, que discorre polos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz,
Burela e Cervo. Concretamente, o proxecto de mellora execútase en algo máis de 20 quilómetros da estrada, entre os pp.kk. 26+950 ao 28+800 e do 36+500 ao 55+000.
Estas obras de mellora da N-642, que está a executar a Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, consisten na substitución do firme actual por unha capa de rodadura de alta adherencia.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.