Os once Centros de Información á Muller (CIM) da provincia de Lugo participaron no Plan de reforzo de atención ás vítimas de violencia de xénero posto en marcha pola Secretaría Xeral de Igualdade para garantir todos os recursos de acollida a aquelas mulleres que os precisen durante a vixencia do Estado de Alarma. alarma poida ter sobre as vítimas”.“o Plan de reforzo vixente inclúea ampliación do bono alugueiro social para as vítimas de violencia de xénero, ata poder chegar a asumir a Xunta o pagamento do 100% do alugueiro, para paliar o impacto económico que o estado de alarma poida ter sobre as vítimas”
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia coas representantes destes Centros de Información á Muller da provincia “Ante a pandemia de coronavirus, todos os centros están funcionando, prestando atención por vía telefónica e telemática, e mesmo ofrecendo atención presencial naqueles casos de maior gravidade”-explicaron os responsables.
Para calquera cuestión relacionada coa violencia de xénero, está o servizo de atención telefónica 24 horas a mulleres vítimas (900400273), ou a través do 016.