O PP defenderá no próximo Pleno da Deputación unha moción en defensa de Alcoa-San Cibrao

O grupo provincial do PP defenderá no próximo pleno ordinario da Deputación outra moción en defensa de Alcoa-San Cibrao e dos postos de traballo que xera, directa e indirectamente. Os populares dan así “apoio a unha industria que constitúe unha peza fundamental da economía da Mariña e do conxunto da provincia de Lugo”.

O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “unha vez máis defenderemos na Deputación unha moción que ten por obxectivo conseguir que o Goberno nacional adopte as medidas necesarias para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao, que é unha empresa absolutamente fundamental no tecido industrial de Lugo”.

Na moción proponse ao pleno a adopción de acordo para instar ao Goberno a que aprobe o estatuto electrointensivo, que recolla as alegacións consensuadas entre Xunta, patronal e sindicatos, de maneira que fixe un prezo eléctrico estable e competitivo, que permita a Alcoa-San Cibrao estar en igualdade de condicións ás do resto dos países europeos.
O portavoz popular pide aos socialistas que “deixen de enganar aos traballadores e aos veciños” e di que o “Goberno practica unha transición enerxética fundamentalista, que, entre outras cousas, provocou o peche de Endesa-As Pontes. Cre que moitas decisións do Goberno constitúen un ataque á industria galega”.

Igualmente, a moción popular inclúe unha declaración do propio pleno da Deputación na que expón “a súa decidida vontade de defender o emprego en Alcoa – San Cibrao e o apoio aos seus traballadores, aos das empresas auxiliares (en particular aos afectados polas solicitudes de E.R.T.E.) e aos dos contratados por medio de E.T.T. afectados pola baixa da produción”. Ademais, se “a proposta popular sae adiante, solicitarase da empresa que cumpra os acordos, anteriores á crise provocada polo Covid -19, referentes aos traballadores contratados a través das E.T.T”, concluíu.

 

Novas relacionadas

  1. Gil Veiga
    Mai 20, 2020 - 11:23 PM

    Defender????
    Pero saben o significado da palabra estes do PP??? En serio??

    Reply
    • Noelia Maria Ben
      Mai 20, 2020 - 11:56 PM

      Gil Veiga campaña?!?!🤮

      Reply
    • Gil Veiga
      Mai 21, 2020 - 10:03 AM

      Noelia Maria Ben non creo muller!!!jolin non sexas mal pensada!!😜😜

      Reply
  2. Luchinha De Escarlán
    Mai 20, 2020 - 10:11 PM

    10 anos sen facer nada desde a Xunta e agora moita proposta… Risa dáme 🤣

    Reply
  3. Luis Díaz
    Mai 20, 2020 - 01:37 PM

    Aquí os temos… os defensores da moral, da loita contra a corrupción, e os dereitos dos traballadores. Dan gañas de enchelos de bicos.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com