Últimos días para inscribirse no curso online, impartido por profesionais da medicina, a psicoloxía e a comunicación, co que achegar aos participantes as habilidades e coñecementos precisos para enfrontarse ao novo escenario post COVID-19 e obter o diploma de Establecemento de Confianza. O curso ten como obxetivo axudar ao comercio e á hostalería lucense durante o período de desconfinamento dentro dunha estratexia encamiñada a xerar confianza e seguridade entre clientes e provedores nun ‘Lugo Seguro’.
O curso dará comezo o luns 25 de maio, e as inscricións, totalmente de balde, permanecerán abertas ata o día anterior. Para participar os interesados deberán cubrir o formulario habilitado en https://bit.ly/3dKq5gW Trátase dun curso interactivo, de 20 horas de formación, con recursos audiovisuais e exercicios prácticos. Impartirase en liña, mediante unha plataforma de elearning, accesible desde dispositivos móbiles e que permite unha comunicación instantánea alumno-titor.
Entre outros temas, o curso abordará aspectos relacionados coa prevención e a seguridade e saúde do persoal e dos establecementos. Pero tamén ensinará a afrontar desde un punto psicolóxico e emocional a nova situación de regreso ao traballo, así como a comunicación para trasladar aos clientes a máxima confianza en que poden acudir aos seus establecementos habituais pois o persoal está preparado para atendelos e porase a obrigada prevención en todas as tarefas.
Mai 21, 2020 - 10:34 PM
Que me parece muy interesante
Mai 21, 2020 - 10:33 PM
Donde se puede inscribir para ese curso
Mai 21, 2020 - 09:47 PM
Fotoooooo!!!!!!