O responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou hoxe nunha xuntanza que mantivo con xornalistas dos distintos medios de comunicación para compartir ideas sobre do proceso de peonalización da Ronda da Muralla.
“Desde a área de Mobilidade xa se ten iniciado o proceso para peonalizar completamente o tramo da Mosqueira”, lembrou Rubén Arroxo, e afirmou que “co peche do carril interior da Ronda, as veciñas e veciños de Lugo gañaron un espazo paseo peonil de 2.5 Km, que está a ser un éxito nesta desescalada da crise sanitaria do COVID-19” e confirmou que “unha das próximas actuacións a realizar será converter a peonalización provisional deste carril en permanente”.
Baixo o título Peonalizar a Ronda da Muralla, unha necesidade?, o Tenente de Alcalde e as xornalistas lucenses conversaron sobre os cambios que a mobilidade no concello de Lugo experimentará neste e nos vindeiros anos. Arroxo deu conta das actuacións que a área de Mobilidade e Infraestruturas está a planificar para realizar nos vindeiros meses. “comezaremos a facer obras para cambiar o pavimento entre a Porta de Santiago e a rúa Vilalba, que quedaría peonalizada, sumándose ao tramo da Mosqueira, dende a porta de Santiago ata a porta de San Pedro”.