A presidencia da Deputación de Lugo e os deputados e deputadas socialistas do goberno provincial veñen de anunciar que “decidiron doar o 30% do soldo do mes de abril aos colexios oficiais de médicos e de enfermería de Lugo”.
O máximo responsable da deputación engadiu, “”Hai actos como esta doazón dunha parte dos nosos soldos co que, sen solucionar o grave problema sanitario, queremos sumarnos á gran resposta de solidariedade da sociedade lucense con quen o está pasando peor e enfrontándose en primeira liña a esta situación”.
“Estamos nun momento no que cómpre fortalecer a nosa sanidade pública, o estado de benestar e a reconstrución económica e social”. Afirmou o Presidente.
Mai 24, 2020 - 10:07 AM
E para tcae?, pero bueno algo es algo.