O Concello prevé levar ao Pleno do mes de xullo a aprobación inicial do 5% pendente do Plan Xeral

A alcaldesa de Lugo,  acompañada do concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, anunciou hoxe que a aprobación do 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal chega a súa fase final xa que esta mesma semana o Concello recibirá “a documentación técnica elaborada polo equipo redactor que nos permitirá seguir coa folla de ruta, sendo o noso obxectivo que no Pleno do vindeiro mes de xullo poidamos levar o PXOM pendente para a súa aprobación inicial”.

Esta nova documentación pasará agora a mans dos servizos municipais involucrados para que elaboren os informes preceptivos. Serán necesarios os da Intervención Xeral, Secretario do Pleno, Comisión Permanente Ordinaria de Urbanismo, Infraestruturas, Medio Ambiente e Zona Rural. Con estes informes, o 5% do PXOM se levará a Pleno para a súa aprobación inicial, e será necesario despois o informe positivo da Xunta para que o Goberno local o poida levar de novo a Pleno para o seu visto e prace definitivo. “Os tempos administrativos non son moi longos, por iso confiamos en que este mesmo ano poidamos anunciar que xa temos o 100% do PXOM”, sostivo Lara Méndez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com