O Concello de Lugo contará a partir do vindeiro luns, 1 de xuño, cunha nova Relación de Postos de Traballo como paso para acometer a modernización da institución local.
O executivo agarda que nesa data poida entrar en vigor o documento, a primeira ordenación do persoal municipal que se materializa en 14 anos, e coa que o goberno pretende corrixir as deficiencias detectadas nos últimos meses pola Intervención Municipal en materia de recursos humanos.
Logo de que a principios de decembro a RPT fora aprobada en Mesa de Negociación pola unanimidade dos sindicatos – nun acordo histórico para o consistorio lucense – e de que concluíra o período de reclamacións, no que se presentaron 158 alegacións – o 95% reivindicando unha subida salarial – das que máis dun terzo foron parcial ou totalmente estimadas, esta mañá a Xunta de Goberno Local ratificaba o texto.
A rexedora subliña a súa transcendencia en tanto permitirá regularizar a situación laboral das e dos traballadores do Concello.
A alcaldesa destacou que esta nova planificación propiciará o aumento da polivalencia do persoal, que poderá ocupar diferentes postos de traballo ao tempo que se incrementa a súa produtividade. “
Contratación dun servizo 24H de reparación de avarías nas redes de abastecemento e saneamento muncipais.
Xa noutra orde de asuntos, na reunión que o equipo de goberno mantivo esta mañá aprobáronse varios expedientes de contratación. Os máis destacados: a apertura dos procedementos para licitar un servizo de execución e reparación de avarías na rede de abastecemento municipal, en apoio á Brigada de Augas, e doutro para asumir as intervencións que se sucedan nas canalizacións de saneamento da cidade.
Mai 27, 2020 - 08:17 PM
Guapas!!!!!