Segue baixando o número de casos activos por Covid-19 na área de Lugo

Continúa baixando o número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo. Nas últimas 24 horas e segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o número de afectados polo virus é de 51, é decir, 3 menos que onte.

Na súa última actualización, a Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 799, deles 187 son da área da Coruña, 51 da de Lugo, 94 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 268 da área de Vigo, 142 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 37 están en unidades de hospitalización e 757 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.849 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 138.993.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com