A área de Mobilidade e Infraestruturas, habilitou unha ruta peonil segura na Volta da Viña, entre o parque Marcos Cela e o entorno do Miño. Segundo indicou Rubén Arroxo, “trátase dun vial no que só existía beirarrúa dun lado, facendo verdadeiramente perigosa a convivencia de tráfico e peóns do lado do parque”.
O proxecto contempla a colocación de bolardos e o pintado dun paso de peóns, que se realizará nos vindeiros días, na intersección co enlace da N-VI “para que as veciñas e veciños de Lugo poidan utilizar esta zona zona de paseo de maneira segura”. O Tenente de Alcalde afirmou que “esta actuación abre a posibilidade de retirar o balado do parque Marcos Cela”.
Mai 29, 2020 - 01:23 PM
Pois sin tempo non era….
Mai 29, 2020 - 01:16 PM
bueno… parece ser que se comenza a facer cousas con sentidiño , ademáis sin costar moitos cartos