Continúan descendendo os casos activos por Covid-19 na área de Lugo

O andazo por coronavirus na área de Lugo segue controlado con un caso menos nas últimas 24 horas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 722, 10 menos que onte. Deles 162 son da área da Coruña, 40 da de Lugo, 75 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 262 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 permanecen en UCI, 32 están en unidades de hospitalización e 688 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.970 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 143.580.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com