O Partido Popular alerta que na antiga planta depuradora de augas residuais de Nadela onde “apareceu forzada e aberta, de par en par, a porta do peche perimetral, hai libre acceso a saqueadores ou persoas que fan dentro reunións clandestinas”.
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide xunto ao concelleiro Rafael Prados comprobaron “o mal estado no que están estes edificios aos que se pode entrar sen ningún tipo de control” advertindo “do grave risco que supón poder acceder ás instalacións onde hai, pozas e balsas de varios metros de profundidade e edificios moi deteriorados”. Ameijide explicou que “hai nove anos, cando se inaugurou a nova EDAR, quedou a vella en óptimas condicións e en perfecto funcionamento, pero a medida que pasou o tempo, e non se lle deu un uso degradáronse por completo: desapareceu do seu interior o material de pezas de repostos, roubaron cobre, motores, fiestras e portas, un material valorado en centos de euros e tamén hai pintadas por todos os sitios …”
Xuñ 01, 2020 - 08:41 PM
A alerta hai que facela antes na Policía Local, se non fan caso, é cando se pon en coñecemento da prensa, non o revés.