Tras o éxito da campaña Abrimos as portas para…, co vídeo da canción A calor do amor nun bar de Gabinete Caligari, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) prepara unha nova iniciativa coa que se queren agradecer aos clientes a súa confianza por volver aos locais de hostalería e activar de novo a súa economía.
Os protagonistas desta nova campaña volverán ser os hostaleiros da provincia, “a través dunha canción, que desvelaremos o día do seu lanzamento, demostraremos unha vez máis a lealdade cara aos nosos clientes. Agora máis que nunca imos necesitar da súa axuda para continuar co noso traballo e reactivar os nosos negocios. Esta será a nosa forma de darlles as grazas”, destacan, Cheché Real, presidente da Apehl.
A campaña xa está en marcha. “Todos aqueles hostaleiros, sexan ou non socios da nosa Asociación, están convidados a participar nesta iniciativa”, engade Real. Para participar só é necesario chamar ao teléfono 982 41 20 50 antes deste venres 5 de xuño.