Na capitalidade do Concello de Paradela, un ano maís, vénse de fallar a XXV edición do certame literario Manuel Orestes Rodríguez López. Nesta edición presentáronse novecentas setenta e unha (971) obras, das cales catrocentas vinte e dúas (422) obras corresponden á categoría de poesía, e cincocentas tres (503) obras á de narrativa, e corenta e seis (46) obras, na modalidade especial do Camiño de Santiago.
O xurado formado polos Señores D. José Manuel Mato Díaz, Alcalde – Presidente do Concello de Paradela como Presidente; D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; D. Santiago Rodríguez López (Fillo do homenaxeado); D. Xesús Mato Mato (Crego e musicólogo); D. Xulio Xiz Ramil (escritor e xornalista); D. Xavier Rodríguez Barrio (poeta) e D. Ángel Fernández López (escritor e fillo predilecto de Paradela) como vogais; e Dª. Ruth López – Mosquera García, que da fe do acto.
Aos premios presentáronse novecentas setenta e unha (971) obras, das cales catrocentas vinte e dúas (422) obras corresponden á categoría de poesía, e cincocentas tres (503) obras á de narrativa, e corenta e seis (46) obras, na modalidade especial do Camiño de Santiago. O xurado por unanimidade dos membros presentes, acordou premiar os seguintes traballos:
Primeiro premio de Poesía, á obra presentada baixo o lema Carballo, ollo panóptico que todo vixía. obra pertence a D. Xosé Otero Canto, de Lugo.
Segundo premio de Poesía, á obra titulada As veces soño coas ondas. de Dª. Raquel Fernández Fernández, de Gondomar (Pontevedra).
Así mesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésits no apartado de Poesía ás obras: Ecos do silencio, cuxa autora é Dª. María de los Ángeles Rivadulla Queijeiro, de Culleredo (A Coruña) e á obra El Sendero del Poeta cuxo autor é D. Cirilo Luis Álvarez, de Alcalá de Henares (Madrid).
As mencións de Honra recaeron, na obra baixo o título Escintileos sonoros. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a D. José Manuel Brea Feijoo, de Vigo (Pontevedra) e a obra baixo o título Das saudades, cuxa autora é Dª. Sara Carmona Lladó, de Pontedeume (A Coruña).
Os premios de Narrativa, foron: primeiro premio para a obra presentada baixo o lema “El Gran Pez” e co título Habitación Avatar; da que autor D. Alfredo Gómez Martínez, de Elche (Alicante).
O segundo premio de NARRATIVA, foi para a obra titulada O destino levóume a Paradela, da que resulta ser autor D. Pablo Veiga López-Castelo, de Lugo.
Así mesmo, o Xurado tamén outorgou dous Accésits no apartado de Narrativa: Primeiro Accésit, á obra presentada baixo o título La doctora, compróbase que a súa autora é Dª. Esther Bajo Álvarez, de Léon. Segundo Accésit, á obra presentada baixo o título Roxanne, sendo a sua autora Dª. Patricia Torrado Queiruga, de Porto do Son (A Coruña).
As dúas mencións de Honra recaeron na obra baixo o lema “Lluvia”, e co título Un niño corriendo, cuxo autor é Don Felipe Alberto Ponte Pena, de Zarautz (Guipúzcoa) e a obra baixo o título Un paseo nocturno, pertencendo a D. Valentín Alvite Gándara, de Vimianzo (A Coruña).
Asemade o xurado tomou a decisión de outorgar o premio de Mención Especial Camiño de Santiago, á obra presentada baixo o título Trescientos metros, obra pertencente a D. Agustín Pascual Pino, de Gijón (Asturias).
O xurado acordou tamén outorgar dous Accésits no apartado de Mención Especial Camiño de Santiago, ás obras “Pensando en el Camino de Santiago”, de Dª. Eumelia Sanz Vaca, de Valladolid e “O fado dos Romaríz,” sendo do autor D. Francisco Rozados Rivas, de Poio (Pontevedra).
A mención de Honra recaeu na obra baixo o lema Tan gallega como el camino de Santiago, cuxa autora é Dª. Nuria Armesto López, de Paradela (Lugo).