O número de casos por coronavirus na provincia de Lugo manteñense coma onte. Aínda que os datos son os mesmos, hai que lamentar o falecemento dunha muller de 76 anos que permanecía na UCI do Hula dende hai algo máis dun mes e hai unha nova persoa infectada.
En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 678, 29 menos ca onte. Deles 147 son da área da Coruña, 39 da de Lugo, 60 da de Ourense, 25 da de Pontevedra, 257 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 28 están en unidades de hospitalización e 649 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.033 persoas curadas, rexistrándose 617 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 145.644.