Arde unha nave con rolos de herba seca no seu interior en Friol

Un incendio declarado no interior dunha nave pequena en Friol provocou danos na construción, sen que que ningunha persoa resultase ferida. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, arderon rolos de herba seca que se almacenaban dentro do pendello e as lapas afectaron levemente á súa estrutura.

Os feitos sucederon no lugar do Manxadoiro, na parroquia de Carballo, ao fío das 8:55 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do incendio. Indicaba no seu relato que ardía unha nave sen actividade na que se gardaba maquinaria agrícola.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo puido saber o 112 Galicia, os servizos de emerxencia remataron as labores de extinción do lume preto das 11:00 horas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com