O Presidente da Deputación de Lugo informou este venres, de que a Xunta de Goberno reactivou o encargo á empresa pública Tragsa para a prestación do servizo de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra. As viaxes retómanse con medidas de seguridade a
partir do vindeiro sábado 13 de xuño continuarán ata final de ano. O encargo do servizo fora suspendido pola Declaración do Estado de Alarma.
“A posta en marcha deste servizo é unha moi boa noticia para o sector hostaleiro e turístico, e tamén para o comercio da nosa provincia porque axudará a reactivar a súa actividade unha vez superada a etapa máis dura da pandemia”, explicou José Tomé en rolda de prensa. Ademais, lembrou que precisamente “ese é o principal obxectivo que persegue a campaña EN LUGO, SI que vén de lanzar a Deputación para reactivar o consumo no comercio, a hostalería e o turismo axudando a fortalecer a imaxe da provincia como lugar seguro, de confianza, de calidade e de oportunidades para comprar, para consumir, para o lecer, e para pasar as vacacións”.
As embarcacións reducen o seu aforo ao 50% de forma inicial, xa que a institución irán adaptando as medidas seguindo as disposicións que vaian pautando as autoridades sanitarias. Tamén se modifican os horarios das viaxes, prevendo saídas espaciadas para minimizar o número de persoas que estarán de maneira simultánea nos embarcadoiros. No caso do embarcadoiro Ponte do Sil as embarcacións non sairán á vez senón que se ofertarán ata 5 horarios diferentes para poder realizar as viaxes e o límite de aforo fíxase para 26 pasaxeiros nunha e de 53 na outra. No caso de Belesar, poderán viaxar de cada vez 31 pasaxeiros, con flexibilización horaria.
Así mesmo, o persoal cumprirá protocolos específicos e instalaranse paneis informativos para lembrar todas as medidas de seguridade e habilitarase información turística e a infografía para descargar mediante códigos QR.
Horarios
Embarcadoiro Ponte do Sil
Xuño (dende o día 13)
Embarcación 1 (26 prazas): De luns a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h
Embarcación 2 (53 prazas): De luns a domingo: 11:30h e 17:30h
Xullo e agosto
Embarcación 1 (26 prazas): De luns a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h
Embarcación 2 (53 prazas): De luns a domingo: 11:30h e 17:30h
Setembro
Do 1 ao 13: Embarcación 1 (26 prazas): De luns a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h
Do 1 ao 13: Embarcación 2 (53 prazas): De luns a domingo: 11:30h e 17:30h
Do 14 ao 30: Embarcación 1 (26 prazas): De luns a domingo: 11:00h e 16:00h
Do 14 ao 30: Embarcación 2 (53 prazas): De luns a domingo: 11:30h e 17:30h
Outubro
Embarcación 1 (26 prazas):De mércores a domingo e o día 12: 11:00h, 16:00h
Embarcación 2 (53 prazas): De mércores a domingo e o día 12: 11:30h e 16:30h
Embarcadoiro Belesar
Xuño (dende o día 13)
31prazas: De mércores a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h
Xullo e agosto
31 prazas: De luns a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h
Setembro
Do 1 ao 20: 31 prazas: De luns a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15hDo 21 ao 30: 31 prazas: De luns a domingo: 11:30h e 16:30h
Outubro
31 prazas: Venres, sábado e domingos e o día 12: 11:30h, 16:30h.