O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide anuncia que “se pedirá a comparecencia do concelleiro de Medio Ambiente para que explique a situación real da Fábrica da Luz, para que aclare que medidas legais vai adoptar o Concello e se pensa que sexamos os lucenses os que paguemos polas decisións ou intereses persoais dos cargos socialistas en lugar de que sexan os propios concelleiros responsables os que asuman os custes da indemnización”.
Ameijide, sinala que “os tribunais veñen de confirmar as advertencias realizadas polo Grupo Popular hai case dous anos, cando aseguraran que a Fábrica da Luz podería ser o Garañón 2 para o Concello de Lugo, xa que se corría o risco de ter que pagar unha indemnización millonaria e por desgraza confirmáronse os peores presaxios para os lucenses”.
Antonio Ameijide recorda que “o pasado 29 de xaneiro de 2019 advertiu que o Concello de Lugo se expoñía a ter que pagar case 2.9M€ en concepto da indemnización que o Concello de Lugo tería que afrontar a conta da Fábrica da Luz como consecuencia da neglixencia e do bloqueo no que estaba instalado o goberno de Lara Méndez”.
Xuñ 08, 2020 - 10:41 PM
Me parece muy buena idea ya que esta abandonada.