Dende a
Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo ( Apehl) lembran a todos os hostaleiros da provincia que deben cumprir estritamente cos horarios de peche dos establecementos.
“O mantemento das medidas flexibles para a ampliación das terrazas, que nos brindan os concellos, depende de todos nós e debemos ser responsables. Non podemos esquecer que seguimos en alerta sanitaria e temos que ser os primeiros en cumprir e facer cumprir aos nosos clientes coas normas básicas de prevención e hixiene establecidas ante a covid-19”, destaca Cheché Real, presidente de Apehl.
Así mesmo, fan fincapé en que se debe respectar a normativa de contaminación acústica e os principios de accesibilidade e horarios.
Dende a Asociación recomendan que a actividade das terrazas finalice ás 23:00 h.
Xuñ 08, 2020 - 08:51 PM
@MaltratoPaisaxe @pgsarria @RamonDoFertimon @TeresaEtiam 😂🤣😅😆 era ben tamen que lles comentaran qu… https://t.co/KPcNNyjWG7