O complexo recreativo de Augasmestas, no Concello de Quiroga, ao pé do río Lor, moi preto da súa desembocadura no Sil foi construído en 1996 e leva pechado dende o 2006. O grupo provincial do PP anuncia a presentación dunha moción “para reclamar do equipo que preside o socialista José Tomé que dea os pasos oportunos para reabrir canto antes estas instalacións, que pese aos anos de
abandono aínda ofrecen unhas condicións xerais perfectamente adaptadas ás esixencias do turismo fluvial a día de hoxe”. Este complexo conta con zona de cámping, área recreativa, aparcadoiro para autocaravanas, cafetería, piscina, aseos e duchas, entre outros. No ano do 2004 acometéronse obras de ampliación consistentes en cinco bungalós e a rehabilitación de varias edificacións. Dende esta ampliación o complexo funcionou só durante dous anos.
O organismo provincial executou obras nas instalacións, “concretamente no ano 2017, coa finalidade de repoñer os elementos afectados polo vandalismo e polo paso do tempo, pero o complexo non volveu abrir as súas portas”. No ano 2015 a “Deputación adxudicou a xestión do complexo a unha empresa privada, pero despois de diversas incidencias, a día de hoxe continua pechado”, sinalu o portavoz popular, Javier Castiñeira, que confirma que “nos próximos días será presentada unha moción para, en síntese, reclamar do goberno provincial que faga as xestións oportunas para poñer en condicións de uso e funcionamento as instalacións de Augasmestas”. Castiñeira visitou este complexo pouco antes do inicio da crise sanitaria e volveu a Augasmestas nos últimos días. Nestas visitas puido comprobar “a abundante cantidade de herba e maleza de gran tamaño que hai arredor das instalacións supón un serio risco de incendio que podería danalas irremediablemente”. Castiñeira declarou: “Hai que actuar antes de que sexa tarde, antes de que pase como co catamarán de Lugo, o Pelegrín I, que se deixou afundir no Miño, sen usalo, e agora podrece nun prado de Begonte. Hai que intervir sen máis demora”.
Xuñ 09, 2020 - 01:18 AM
Ahora acordanse de reabrir despois de tantos anos pechado, e despois de ser saqueado todo, non queda nada, non portas, nin os mobles, non grifos, nada de nada está todo desmantelado e agora acordanse de reabrir. Cos nosos cartos volverán a poñer todo a funcionar,e cando cobren as comisions pertinentes volveno abandonar. Despois dos millons q ahí se invertiron e Unha vergonza o estado no q se atopa.
Xuñ 08, 2020 - 10:38 PM
Muy bonito pero hay que cortar la hierba.