Lixeiro repunte de casos activos por Covid-19 na área de Lugo

Con un caso activo máis ca onte, a provincia de Lugo sufre un pequeno repunte e sitúase con 31 casos activos por coronavirus. Logo de varios días consecutivos nos que os casos de infectados por Covid-19 na área sanitaria de Lugo descendían, nas últimas 24 horas a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, o número de casos activos de coronavirus en Lugo é de 31, é dicir, 1 máis ca onte.

En Galicia é de 503, 12 menos ca onte. Deles 112 son da área da Coruña, 37 da de Ourense, 13 da de Pontevedra, 192 da área de Vigo, 105 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 15 están en unidades de hospitalización e 487 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.275 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 152.130.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com