O Concello renovará a iluminación do centro da cidade

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, informou á veciñanza, polas posibles molestias e para que se tomen as precaucións necesarias, do próximo inicio dos traballos de renovación das luminarias do centro da cidade. Segundo declarou Alexandre Penas, “nesta primeira fase estamos a renovar a rúa Nova, Armanyá e o Carril das Estantigas, mais estamos traballando na renovación total da iluminación do centro da cidade”.

“A nova iluminación mellorará as actuais luminarias, xa que contarán coa tecnoloxía LED, que reducirá o consumo enerxético, mais manterase a estrutura e a estética da instalación actual”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “temos como obxectivo con esta actuación aumentar a visibilidade do entorno, mellorando ao mesmo tempo a seguridade da veciñanza da contorna”.

A concellería de infraestruturas investirá 12.678,44€ nesta actuación quee, segundo indicou Alexandre Penas “suporá un aforro en consumo enerxético de 4.024 kWh, o que supón aforrar a emisión de máis de 11 Tn de CO2 á atmosfera”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Xuñ 09, 2020 - 04:13 PM

    Luminarias…encantame

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com