O PP provincial denuncia que o embarcadoiro de Los Robles podrece no Miño

O Partido Popular de Lugo, denuncia que “a Deputación de Lugo demostra unha incapacidade sen límites en moitas das áreas de xestión, e moi especialmente en todo o que ten que ver con fomento do turismo fluvial, ou, dito de outro modo, co aproveitamento dos recursos da provincia para atraer visitantes interesados na natureza e, concretamente, nos nosos ríos”.

O voceiro popular tamén aseverou, que, a área da que é responsable Pilar García Porto, “eliminou, sen prever alternativas, o servizo de catamarán do Miño, en “Los Robles”, na capital lucense. Afundido, por desidia e abandono, o barco (Pelegrín I), agora depositado nun prado de Begonte, permanece o pantalán, o embarcadoiro que, mentres podrece, constitúe un potencial risco xa que está claro que o inseguro valado que debería impedir o acceso a el non o logra”.

O portavoz provincial dos populares quere saber “que pensa facer a Deputación con este pantalán, que, con algunha reparación, parece que aínda podería ser utilizado para fines recreativos. Neste momento, en “Los Robles” -sinala Castiñeira- o único que fai e dar mala imaxe nesta área recreativa tan utilizada por lucenses e visitantes”.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Antonio Fernandez
    Xuñ 10, 2020 - 10:54 PM

    Donde va el barco del río Miño de los robles estará tirado en cualquier sitio esto es abandonado así es como invierte la diputación el dinero de los lucenses.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com