Unha persoa faleceu esta maña en Portomarín, na estrada LU-633. O falecido é un home de 42 anos que ía de acompañante no camión que sufriu o accidente, ao saírse da vía e caer por un desnivel; o conductor do mesmo, que resultou ferido, foi trasladado ao Hula. Para liberar á vítima mortal atrapada no camión, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Chantada e tamén dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que prestaron axuda ao ferido no accidente, pero nada puideron facer por salvar a vida do copiloto.
Nestes momentos mantense cortada a estrada LU-633 que vai de Portomarín ao Alto do Hospital cun amplo dispositivo montado, debido ao material que transportaba o camión, Goma-2, material que ía para una canteira e que quedou esparcido pola estrada.