A Policía Local de Lugo está a realizar dispositivos sobre a vixilancia e control da velocidade, utilizando vehículo policial dotado de cinemómetro, co obxectivo é vixiar e garantir o cumprimento dos límites de velocidade nas rúas da cidade e concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade do vehículo á establecida na vía.
A Policía Local de Lugo LEMBRA que o exceso de velocidade incide desfavorablemente na seguridade viaria e ten un impacto negativo sobre os usuarios máis vulnerables da vía, como peóns e ciclistas. Unha velocidade inadecuada ou excesiva é determinante tanto para a incidencia dos accidentes como para a gravidade das lesións.
O obxectivo final destes dispositivos é a Reducción da siniestrabilidade viaria. Para iso realízanse naquelas vías onde se detecta incremento de accidentes ou nas que se denuncian altas velocidades ou competicións de velocidade, etc.
Na primeira metade desta semana controláronse 4.906 vehículos, formulándose 253 denuncias, das que 28 levan aparellada a perda de 2 a 6 puntos do permiso de conducir. A velocidade máis alta detectada foi de 108 km/ h nunha vía limitada a 50 km/ h, o que conleva 600 euros de sanción e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.
Asemade, no transcurso destes controis detectouse que o condutor dun vehículo presentaba signos de embriaguez polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,76 mg/ l (triplo do permitido), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria para o Xulgado de Garda, quedando o vehículo inmovilizado.
Xuñ 11, 2020 - 03:17 PM
Avenida das Américas , pasan como valas