Medio Ambiente insta aos propietarios de 23 parcelas a limpialas e eliminar a maleza

O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, vén de asinar esta mañá 23 ordes de execución instando aos propietarios doutras tantas parcelas a limpalas e eliminar a maleza que “non só invade os seus terreos senón tamén os alleos e mesmo a vía pública”.

“Na rúa San Lorenzo – no barrio Feijoo -, na Rúa Nova, Xulia Minguillón, Troneiro, Tres Marías, en Fontiñas e tamén en Alcalde Manuel Portela – parte traseira de Flor de Malva -, en Camiño Real e, xa na zona rural, en Carballido, Conturiz, San Xoan do Alto, o Veral ou Santiago de Meilán. En todas estas localizacións existen soares privados sobre os que pesan denuncias relacionadas coa súa falta de aseo e de salubridade o que, á súa vez, deriva en molestias para os residentes na contorna”, detallou o edil.

“Unha desatención que dende o Concello interpelamos a corrixir, primeiro pola vía da notificación pero, se esta non resulta suficientemente convincente, tamén pola da sanción e a da intervención subsidiaria”, sinalou Álvaro Santos.

Asemade lembrou que a Lei do Solo de Galicia “é meridianamente clara no que ten que ver cos deberes de uso e conservación dos bens privados. O artigo 135 recolle con concreción que os donos de toda clase de terreos, construcións, edificios e instalacións deberán mantelos nas condicións legais para servir de soporte a ditos usos e, en todo caso, nas de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato legalmente esixibles. Polo que, de non respectar o sinalado na lexislación autonómica vixente, a área de Medio Ambiente procederá a incoar o correspondente expediente”.

O concelleiro explicou que, logo de trasladar unha notificación aos titulares da propiedade desatendida, o procedemento continuará, co trámite de audiencia polo prazo de 15 días, ben para que se formulen as alegacións que estimen oportunas e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes, ben para que executen as actuacións sinaladas.

 

Novas relacionadas

  1. Alberto BerTucho
    Xuñ 12, 2020 - 11:25 AM

    23? Debe haber 23mil! Polo menos

    Reply
  2. Marola Canto Arena
    Xuñ 11, 2020 - 10:50 AM

    No me creo nada. No municipio de Lugo hay fincas que non se limparon nunca. Si limparon foi para talar os pinos e plantar eucaliptos. No municipio de Lugo.

    Reply
  3. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xuñ 11, 2020 - 02:46 AM

    Hay que ver como traballa este home!!!!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com