O 22 de xuño abre o prazo de preinscrición para o curso 2020-2021 do Centro de Formación Audiovisual da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá venres o número de prazas, o calendario e os requisitos da matrícula nos ciclos superiores de Produción e Realización para o curso 2020- 2021 do Centro de Formación Audiovisual do Servizo de Audiovisuais, a antiga Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC.
A Deputación ofrece 20 prazas para cada un dos ciclos, aínda que este número queda condicionado pola evolución da Covid-19, así como a organización das clases en quendas de mañá e tarde, co obxectivo de garantir a seguridade do alumnado e do persoal do centro
formativo. A matrícula será gratuíta por décimo terceiro curso consecutivo, agás para os repetidores.
O prazo de preinscrición estará aberto do 22 de xuño ao 3 de xullo. Os interesados deberán presentar unha fotocopia do DNI, a certificación académica e cumprimentar o impreso que atoparán na webwww.deputacionlugo.gal ou no propio centro. A documentación debe entregarse na sede do CFA, na rúa Frei Plácido Lemos s/n de Lugo.
O 7 de xullo publicarase, no taboleiro de anuncios do centro e na web da Deputación, a listaxe provisional de admitidos, de solicitantes que quedan en lista de espera e de excluídos. Do 8 ao 10 será o prazo para as reclamacións, e o día 14 publicarase a lista definitiva de admitidos, en espera e excluídos. A matrícula ordinaria poderá formalizarse do 15 ao 30 de xullo no centro
educativo, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
No caso de que haxa máis demanda que número de prazas, a prioridade para a matriculación será a seguinte: solicitantes con titulación de bacharelato que se determine para cada ciclo; titulación dunha modalidade de bacharelato distinta; de técnico superior; e universitaria. Dentro de cada colectivo darase prioridade a quen se matricule por primeira vez no ciclo; quen teña a maior nota media no expediente académico; e ao sexo menos representado no ciclo formativo solicitado na matrícula do curso anterior.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Cojo Manteca 34
    Xuñ 11, 2020 - 01:54 PM

    @depulugo Viven de todo lo que montó Manuel Fraga en Villalba y que por vagos porque yo trabajé allí… https://t.co/ORKfRM3Mio

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com