O Deputado de Deportes, Efrén Castro, recibiu ao equipo feminino do Emevé, que xogará a vindeira temporada na SuperLiga de voleibol (Liga Iberdrola), máxima categoría a nivel estatal.
O Emevé conseguiu o ascenso nunha temporada marcada pola crise sanitaria da COVID, converténdose así no único club con representación en Superliga Masculina e Feminina. O Deputado destacou: “o traballo de base do club que se reflicte na presenza de numerosas canteirás no primeiro equipo”.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.