A área sanitaria de Lugo mantense en 22 casos activos por Covid-19

A area sanitaria de Lugo mantén o mesmo número de casos activos por Coronavirus que no día de onte, é dicir, 22 casos. Así o deu a coñecer a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na súa última actualización.

O número total de casos activos de coronavirus en Galicia é de 359; deles 108 son da área da Coruña, 22 da de Lugo, 28 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 147 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 352 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.476 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 157.075.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com