A presidenta do ppdelugo, Elena Candia, defende que “A Mariña non pode permitir perder os postos de traballo da fábrica de Alcoa en San Cibrao”.
“O tempo para salvar Alcoa e o emprego na Mariña esgótase”, subliñou a máxima dirixente popular na nosa provincia expoñendo que, con todo, “o Goberno de Pedro Sánchez aínda está a tempo” de reverter a situación da planta se cumpre o que leva prometendo ano e medio para dar unha solución para Alcoa. “O Goberno central ten nas súas mans establecer un prezo eléctrico competitivo para que a fábrica manteña a súa actividade e, polo tanto, o emprego”.
“Son moitas as familias da comarca da Mariña afectadas pola ameaza de peche da fábrica de Alcoa en San Cibrao”, recordan. “Nós estamos ao seu carón para defender os miles de postos de traballo que se ven ameazados nestes momentos” porque “defender o futuro de Alcoa é defender o futuro da Mariña”, conclúe a popular.
Xuñ 15, 2020 - 02:22 PM
Pois haber que facedes! De tanta demagoxia estamos cheos. Ou non sabedes negociar con empresas de certo calado.
Xuñ 15, 2020 - 12:09 PM
Non estaría demais recordarlle á sra. Candia que as competencias de industria están transferidas ás comunidades autónomas e que algunha responsabilidade terán o presidente da Xunta e o seu conselleiro de industria.
Xuñ 14, 2020 - 11:42 PM
Primeiro fan o mal e despois négano.
E van de nos 🤣
Xuñ 14, 2020 - 09:03 PM
Que lle pregunte a seu amigo Aznar por que a privatizou,si non a privatizaran non habría este problema