A Plataforma Sarriana polo Río responde ás declaracións da número dous dos populares

Logo das declaracións da número dous da lista do PP ao concello de Sarria, Victoria López, a “Plataforma Sarriana polo Río” congratúlase de que ao fin comecen a aflorar de novo as primeiras voces críticas co Proxecto de Encanamento nas filas do PP de Sarria, “tras ser reprimidos e acalados os primeiros intentos das valentes militantes dese partido que nos acompañaron nas primeiras concentracións da Plataforma de 2014”.

O comunicado continúa dicindo que lle agradecen o recoñecemento de que “a Plataforma sabe o que fai e conseguiu cousas importantes”, así como o anuncio de que “se o proxecto ten erros haberá que rectificar, o que entendemos como un compromiso electoral do PP e un cambio radical da posición mantida até agora”.

“As acertadas críticas da Sra. López Díaz ao acabado do chan do Malecón” son compartidas tamén pola Plataforma, pero non entendemos que sen ser técnica critique isto e pola contra non lle valga que outros, que coma ela tampouco somos técnicos, critiquemos outras actuacións das obras”.

Aos compoñentes da plataforma parécelles “intolerable” que dita tenente-alcaldable afirme que se ruboriza porque “a xente se pon a falar das pontes sen saber do que falan”, ao que lle responden que“a xente son os electores, os cidadáns, e pola nosa parte estudamos os miles de folios do proxecto, solicitamos o parecer de varios enxeñeiros e arqueólogos, e percorremos os arquivos para informarnos e fundamentar as nosas alegacións sobre o valor das pontes. Nesa procura de información topamos cos obstáculos que nos puxo o Sr. Alcalde de Sarria, que, sen ningunha xustificación, impediunos o acceso á documentación histórica custodiada no Concello a segunda vez que alí fomos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com