Un novo contaxiado pola Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas aumentou en 1 caso o número de afectados por coronavirus, o que fai que na área sanitaria de Lugo o número de casos activos por Covid-19 é de 18.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 343, 2 máis que onte; deles 109 son da área da Coruña, 25 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 337 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.506 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 162.562.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com