O responsable da área de Mobilidade e Infraestruturas, en resposta ás críticas emitidas polo grupo municipal do Partido Popular declarou “desde a área de Mobilidade imos seguir adiante co proxecto de peonalización e humanización da Ronda da Muralla”.
Segundo o concelleiro, o PP non quere a peonalización da rolda engadiu “isto demostra que o PP non ten un proxecto de futuro para Lugo, polo que teñen que manipular a información achegada polo goberno municipal”. A respecto disto, informou que “os separadores verdes aos que se refiren desde o PP son os elementos homologados para delimitar un carril de circulación”. Ademais, afirmou que “desde a área de Mobilidade estase a traballar xa nun plan de tráfico definitivo moito máis exhaustivo que o realizado de maneira provisional durante o estado de alarma”. Asemade defendeu o proxecto de humanización e peonalización da Rolda da Muralla “porque gran parte das fisuras producidas no monumento débense ás vibracións que provocan os vehículos ao circular tan preto da Muralla”.