O suceso tivo lugar hoxe preto das 11:30 horas cando varias persoas particulares advertían dun coche fóra da vía na entrada á cidade desde A Fonsagrada.
Ante a posibilidade de que houbese persoas atrapadas no interior do vehículo, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Lugo, que, efectivamente, liberaron aos dous ocupantes do turismo, un deles falecido. Concretamente, tratouse da persoa que viaxaba no lugar do copiloto, mentres que o piloto sufriu lesións de diversa consideración, polo que foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia.
No operativo tamén colaboraron os axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico.
Xuñ 23, 2020 - 10:28 AM
Cal e o suceso?