A regalía que anunciou o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, consistente nun bono de 250 euros, para os 20.000 sanitarias e traballadoras sociais que estiveron na primeira liña de loita contra a pandemia do SARS- CoV-2, foi rexeitada polos colexios de enfermería das catro provincias.
O comunicado das traballadoras sanitarias subliña que “o esforzo de todos os profesionais que traballaron en urxencias, atención primaria, hospitais e centros sociosanitarios foi extraordinario, e así foi recoñecido pola sociedade. Desde os colexios de Enfermería rexeitamos esta iniciativa populista e electoralista. Somos profesionais da saúde que defendemos o sistema sanitario público e universal sen intereses materialistas, e seguiremos traballando pola saúde en beneficio do cidadán” Segundo estes colectivos sanitarios “o investimento en sanidade, o mellor premio. Todas as deficiencias do sistema, patentes durante a crise sanitaria, non serán esquecidas por recibir este “premio”. “Moi ao contrario, son os problemas urxentes os que se deben de afrontar mediante un incremento no investimento sanitario, atendendo fundamentalmente a mellorar a precariedade laboral ou o alto grao de eventualidade entre outras históricas reivindicacións, así como, mellorar os contratos, reducir o número de eventuais e dignificar os seus salarios, reforzar o persoal en atención primaria e centros sociosanitarios, facer provisión de EPI’ e outros materiais, substituír ao persoal en permisos e licenzas, que non se reduzan persoais”
O escrito das enfermeiras continúa, “Galicia é unha das comunidades con menos enfermeiras por habitante , sería o mellor premio ás enfermeiras, pero tamén ao conxunto da cidadanía, pois redundan en beneficio da sociedade. tras a pandemia Nos tres meses de estado de alarma púxose de manifesto a falta de enfermeiras en residencias. Os centros de maiores, onde a carga asistencial é alta, con poboación envellecida e necesitada de coidados expertos, deberían de establecerse quendas de enfermeiras/os de 12 horas presenciais e outras 12 localizadas. Lugares como as miniresidencias, terían que contar con profesionais de enfermería 24 horas ao día de forma presencial. Outra histórica reivindicación, esencial para a volta aos colexios o próximo mes de setembro, é a figura da enfermeira escolar que, como sinalan os colexios de enfermería, achégalle tranquilidade, tanto ás familias dos menores, como aos docentes, xa que, non só pode participar na formación e prevención en materia sanitaria dos nenos, senón que, pode achegar coidados expertos aos estudantes que o necesiten, ben porque padezan algún tipo de enfermidade, ou ben porque sufrisen algún tipo de accidente no centro. Os representantes colexiais das enfermeiras e enfermeiros galegos conclúen que a precariedade laboral, a alta eventualidade e as reivindicacións dos sanitarios, non se poden ocultar detrás dun bono”.
Xuñ 23, 2020 - 03:38 PM
Todo es para la galería, para que lo vean los que les votan, y que buenos son.
NOXENTO.
Xuñ 22, 2020 - 08:02 PM
Menos mal, hay que ser muy miserable para intentar comprar antes de unas elecciones a unos profesionales que las pasaron muy duras durante lo peor de esta pandemia. Cousiñas do PP, de quén si non.