Por quinto día consecutivo, dende o pasado 19 de xuño, a área sanitaria de Lugo mantén o mesmo número de casos activos por coronavirus.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 335, 8 menos que onte; deles 108 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 21 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 331 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.545 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 167.126.