As candidatas do BNG por Lugo e Ourense denunciaron o desmantelamento e a situación actual do sistema ferroviario galego. A candidata Olalla Rodil, denunciou que “a provincia de Lugo viu como nos últimos anos se perderon liñas e se pecharon estacións, ademais, en pleno 2020 seguimos tendo unha vía do século XIX, que aínda segue sen electrificar”, declarou Olalla Rodil.
A representante do Bloque, comprometeu “a creación do GALTREN, un ente ferroviario público que apostará e impulsará o transporte de proximidade na Galiza, “Precisamos comunicarnos, vertebrar o país e cohesionar o territorio galego”, dixo Olalla Rodil que valorou o tren como un elemento chave para unha mobilidade sustentable”
“O GALTREN está chamado a ser o tren de referencia na Galiza nas conexións entre vilas e cidades, ao tratarse dunha dirección operativa única para o territorio galego. Isto fará que se supere á a fragmentación entre as estruturas RENFE e FEVE”, “Trátase dunha proposta de servizo público para todas as galegas e galegos”, sentenciou Rodil.
Xuñ 24, 2020 - 09:17 PM
Que hacen en el concello de Lugo nada de nada menos hablar y más trabajar.
Xuñ 24, 2020 - 02:22 PM
Triste