A policía detén un home por obstaculizar a circulación e arroxa unha taxa de alcol 5 veces máis do permitido

O feitos ocorreron sobre as 16,00 horas do día 24 de xuño cando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa un vehículo parado no medio do carril de circulación da Rolda, obstaculizando a circulación.

Os axentes comproban que o condutor, de 35 anos, veciño desta cidade, presenta unha forte embriaguez, polo que é sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 1,23 mg/ l ( cinco veces máis do permitido), polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Asemade compróbase que o vehículo que conduce figura como subtraído, denunciado na Comisaría de San Blas de Madrid en febreiro do ano 2018.

Intervención por ruídos molestos no interior de vivenda

Sobre as 00:10 horas do día 21 de xuño, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un inmoble da rúa Ramón Montenegro xa que os veciños queixábanse dos ruídos molestos que proviñan dunha vivenda. Os axentes comproban que nunha terraza está a levarse a cabo unha festa participando persoas que escoitan música, cantan e gritan entre eles, imposibilitando o descanso dos veciños.

Os policías acoden á vivenda onde están os mozos, sendo recibidos pola inquilina e o que di ser a súa parella, sendo requiridos para que cesen as molestias, negándose rotundamente, proferindo frases de menosprezo cara aos axentes e tamén negándose a identificarse, introducíndose rapidamente no interior da vivenda e pechando a porta.

Realízase medición con sonómetro que dá POSITIVO polo que se propón sanción de ata 30.000 euros. Así mesmo os axentes pescudan a identidade da inquilina e a da súa parella, confirmando a través das redes sociais que se trata das mesmas persoas que se negaron a identificarse, a cesar nas molestias e os autores da conduta de falta de respecto e consideración aos axentes da autoridade. Por tal motivo procédese a denuncialos ante a Subdelegación do Goberno, polas seguintes infraccións:

Á inquilina e a súa parella:

– Negativa a identificarse, o que supón unha multa de ata 30.000 euros

– Falta de respecto e consideración a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións: ata 600 euros.

Ademais á inquilina tramítaselle expediente sancionador por superar os niveis de decibeis establecidos con multa de ata 30.000 euros.

Ás 0:45 horas do día 24 de xuño, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acoden a un edificio da rúa da Raíña xa que os veciños denuncian molestias por ruído provintes dunha vivenda. Os axentes comproban que se escoita música, polo que requiren ao seu propietario para que cesen nas molestias, facéndoo ao instante.

Fotografía: imaxe cedida pola Policía Local

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com