Os casos por Covid-19 aumentan en 10 persoas logo do brote de onte na Mariña

Os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo aumentaron en 10 persoas nas últimas 24 horas, logo do rebrote de onte na Mariña. Hai que seguir apelando á resposabilidade da xente para que cumpra extrictamente coas medidas implementadas polas autoridades sanitarias, senón queremos volver ao confinamento, porque o virus segue estando aí e en calquera momento pódese contaxiar calquera persoa.

Con estes datos, Lugo sitúase con 27 casos activos, dous hostitalizados, un no Hula e outro no Hospital da Mariña,  segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade  na súa última actualización;

O número total de casos activos de coronavirus en Galicia é de 333, 2 máis que onte.  Deles 102 son da área da Coruña, 27 da de Lugo, 22 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 135 da área de Vigo, 28 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 están en unidades de hospitalización e 328 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.563 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 170.204.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com