Na apertura de campaña ao parlamento Galego, que comezou hoxe día 26 de xuño, o cabeza de lista da Marea Galeguista por Lugo, Iván R. Lombardero, subliñou a posta en valor do ecoloxismo como valor transversal do programa electoral da Marea Galeguista nestas eleccións.
“Unha campaña caracterizada pola neutralidade ambiental”, asegurou Lombardero, que se ve con forza e ánimo para afrontar este reto. O candidato declarou que “faremos todo o que estea nas nosas mans para promover un rural vivo, uns servizos públicos de calidade e proximidade, priorizando a sustentabilidade ambiental”.