O brote familiar de infección por covid-19 que se detectou na tarde do pasado martes no concello de Xove, confirma 3 novos casos activos de afectados por coronavirus. A partir desta confirmación, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos da persoa afectada. Das 26 probas realizadas onte, confírmase a existencia de 3 casos positivos en covid-19 máis (o que eleva a 11 o número de casos do brote de Xove). Outras 23 probas arroxaron resultado negativo. Dos 11 casos positivos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou na súa última actualización, que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 311, deles 81 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 21 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 133 da área de Vigo, 26 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 307 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.590 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 171.518.