O PP pide que se arranxe a pista que une a Garaballa coa rúa Camiño do Souto

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo piden o arranxo inmediato da pista que une a Garaballa coa rúa Camiño do Souto, “unha pista que se atopa en moi mal estado e pola que non poden pasar dous coches ao mesmo tempo”.
Os concelleiros populares explican que o Concello de Lugo xa realizou unha actuación nesta pista hai uns anos, “unha intervención que non paliou ás deficiencias que presentaba naquel intre xa que como se pode comprobar o estado no que se atopa na actualidade é nefasto”. Por iso, os populares presentarán un rogo en comisión para que se realice o asfaltado en quente desta pista e se realicen outras intervencións, como a colocación dunha varanda, ou outro elemento de seguridade, para evitar calquer accidente ao paso dos vehículos por unha ponte.

Dende o Grupo Municipal Popular tamén consideran “necesario a colocación dun espello no cruce desta pista coa rúa Camiño do Souto xa que a visibilidade é moi limitada e os vehículos teñen que asomarse moito para comprobar se vén algún vehículo ou non para poder incorporarse a esta vía”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. José Manuel González Díaz
    Xuñ 27, 2020 - 12:55 PM

    Que fotos máis tontas e ridículas, non aprenden.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com