A Xunta oferta 72 prazas en seis campos de voluntariado

A Xunta de Galicia oferta 72 prazas en seis campos de voluntariado que se desenvolverán na provincia de Lugo dentro da campaña O verán que necesitas. Van dirixidos a persoas de entre 18 e 30 anos e catro deles póñense en marcha
por primeira vez este ano.
O prazo de inscrición xa está aberto e nesta edición hai tres novidades principais: os campos serán de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia; a convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico; e as actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.
Na provincia de Lugo, os novos campos que se organizan son Castro de Viladonga (Castro de Rei); Alejandrina Álvarez (Ribas de Sil) e dous denominados Os Campos do Camiño, un deles en Palas de Rei e outro en Triacastela. Ademais, Quiroga acollerá a iniciativa Castro de Pena Dominga e A Pobra do Brollón o campo Castro e Romería de San Lourenzo.
O prazo desta convocatoria pecharase 3 días antes do inicio de cada campo. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción das solicitudes. A solicitude presentarase mediante un formulario en liña que está dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es. A cota de inscrición para todos os campos é de 110 euros; con
desconto dun 25% por carné xove, familia numerosa ou monoparental.

Fotografía: Xunta de Galicia, Campamentos de verán 2020

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com