Segue a escalada de contaxios por Covid-19 en Lugo

Con 5 casos activos máis na área sanitaria de Lugo, os infectados por Coronavirus ascende a 44, e esta subida producese sen dúbida pola falta de control da cidadanía na súa actividade diaria. Non nos cansaremos de lembrar da importancia de manter a distancia de seguridade, e levar sempre a máscara para que non sigan aumentando os casos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou, na súa última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 312, deles 71 son da área da Coruña, 44 da de Lugo, 22 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 131 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 308 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.615 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 179.717.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com