Últimas prazas para matricularse nos cursos de formación online gratuítos do Concello

Preto de 700 lucenses xa solicitaron praza nos cursos de formación online para persoas desempregadas, en ERTE e autónomos en situación de cese de actividade,  para mellorar a súa empregabilidade trala crise provocada pola pandemia da COVID-19, a través da iniciativa Fórmate Lugo. Tras completarse máis do 50% das prazas ofertadas en menos dunha semana, o Concello abriu a matrícula a todas as persoas empadroadas en Lugo, co único requisito de ser maiores de 16 anos, a través da páxina web www.formatelugo.gal.

Actualmente, quedan 180 prazas vacantes divididas en 50 cursos e 14 áreas profesionais, incluíndo cursos de idiomas, márketing, administración de empresas, informática, loxística, turismo, industria alimentaria ou prevención contra a Covid-19, entre outros.

Os cursos realizaranse de forma totalmente online nunha plataforma dispoñible as 24 horas do día, todos os días da semana, para maior comodidade do alumnado. Ademais, poderase acceder dende calquera tipo de dispositivo: tanto ordenador, como tablet ou móbil. As horas de aprendizaxe dependerán de cada curso, pero oscilan entre un mínimo de 15 horas e un máximo 210.

As persoas que completen satisfactoriamente o curso online, recibirán un diploma acreditativo emitido polo Concello de Lugo. Toda a información sobre Fórmate Lugo e as particularidades desta oferta formativa pódense consultar de forma detallada na páxina web FormateLugo.gal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com