A Deputación de Lugo abastecerá todas as súas instalacións e dependencias de enerxía eléctrica
100% de orixe renovable. Tal e como explicou o Presidente, José Tomé “esta medida está
recollida no novo contrato de subministro eléctrico da institución, que foi adxudicado na última
Xunta de Goberno, o pasado venres, a Gas Natural Comercializadora SA por un importe anual de
máis de 540.000€”.
A adxudicación deste contrato, por unha duración dun ano coa opción de prorrogalo ano a ano
por outros tres, garante a subministración de enerxía verde, coa acreditación de dita orixe
certificada pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC).
Ademais do subministro de enerxía verde, este sistema de contratación ofrece outras vantaxes
importantes, como a simplificación do procedemento administrativo, unha oferta económica
competitiva e a revisión de prezos.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.