Continúan aumentando os casos positivos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo elevando o número a 49

Con seis positivos máis na Mariña o número de casos activos por coronavirus nesta comarca elevase a 28 e o total de positivos na área sanitaria de Lugo é de 49, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na súa última actualización. O primeiro caso de rebrote da infección por covid-19 na Mariña detectouse na tarde do pasado martes 23 de xuño, no concello de Xove. A partir desta confirmación inicial, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se foron vendo afectadas. Ata o momento, mediante as probas realizadas, confírmase a existencia de 28 positivos en covid-19.

O total de número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 314, deles 70 son da área da Coruña, 49 da de Lugo, 21 da de Ourense, 10 da de Pontevedra, 129 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 310 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.623 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 182.174.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com