O SEPE retoma a atención presencial con cita previa

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou esta mañá de que o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) retoma hoxe a atención presencial con cita previa en todas as oficinas da provincia de Lugo.

Para recuperar a atención presencial, extremáronse as medidas sanitarias de xeito que as instalacións dotáronse das medidas preventivas para garantir as mellores condicións sanitarias tanto dos cidadáns como dos traballadores públicos.

Os usuarios poden facer a solicitude de cita previa tanto por teléfono a través do número 982 750779 como de xeito telemático na páxina web www.sepe.es/citaprevia.

Na provincia de Lugo o Servizo Público de Emprego Estatal dispón de once oficinas, dúas delas están situadas na capital da provincia e as outras nove nos concellos de Becerreá, Burela, Chantada, Mondoñedo, Monforte, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro, e tamén conta coa oficina de RATEL que se encarga da xestión de prestacións a través dun sistema de atención telefónica.

Para atender estas oficinas, o SEPE conta con un plantel de 62 funcionarios na provincia, que foron reforzados no mes de abril coa incorporación de 7 interinos.

Aínda que hoxe se recupera a atención presencial, o persoal do SEPE traballou durante todo este tempo a pleno rendemento, tanto os empregados que desenvolveron o seu labor nas oficinas a porta pechada como os que o fixeron na modalidade de teletraballo.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com