Esta mañá tivo lugar a entrga dos diplomas aos rapaces e rapazas que participaron no Obradoiro de emprego ATRIUM.TIC o cal contou cun presuposto total de 173.553 euros. O obradoiro estivo integrado por: 1 Director/a, 2 monitores/as e 16 alumnos/as, repartidos nas seguintes especialidades formativas: xestión documental e dixitalización de documentos.
O proxecto durou 6 meses, dende setembro de 2019 a marzo de 2020 e incluiu a organización e informatización dos arquivos de oficina de distintos servizos municipais, así como dixitalización de expendientes ou actas.